venres, 24 de abril de 2015

Documento marco. P.Atlántico (2015/2017)




Marco Teórico. Porto-marzo 2015.



Índice

1.    Título: “Proxecto Atlántico. Educar para a Cidadanía Global”
2.    Temporalización
3.    Marcos de referencia
4.    Obxectivos Didácticos
5.    Liñas de actuación
6.    Metodoloxía
7.    Avaliación
8.    Plan de actividades
9.    Cronoloxía

                                    
                      
“PROXECTO ATLÁNTICO. EDUCAR PARA A CIDADANIA GLOBAL”
TÍTULO – “Proxecto Atlántico. Educar para a Cidadanía Global”
Temporalización: Bienio (2015/2017)
MARCOS DE REFERENCIA:
➢     Década Internacional para a Aproximación das Culturas (2013/2022).
➢    Estratexia Rede Escolas Asociadas da UNESCO (2014/2021). Construíndo unha cidadanía global e promovendo un desenvolvemento sostible (2014/2021).
➢    Ano Internacional para o Entendemento Global (2016). Integrar liñas de orientación.
OBXECTIVO XERAL – Crear unha comunidade de aprendizaxe a través do intercambio dialóxico das escolas atlánticas participantes para favorecer o coñecemento das diferentes culturas coa finalidade de recoñecer, de aprender e de respectar as diferentes identidades para o bienio 2015/2017.
Obxectivos didácticos:
➢    Coñecer e divulgar o patrimonio cultural, natural, e inmaterial local.
➢    Compartir diferentes estudos de culturas, espazos, rexións, e outros temas  do Atlántico.
➢    Compartir experiencias, proxectos, metodoloxías, debates e análises.
➢    Entender o Atlántico como un espazo de coñecemento, de diálogo, de unión.
➢    Desenvolver unha conciencia crítica para poder facer intervencións nas problemáticas de sostibilidade.
➢    Favorecer o intercambio entre profesorado e alumnado.
➢    Crear unha plataforma on line.
➢    Integrar nos proxectos, traballos ou tarefas, valores como a interculturalidade, a solidariedade,  respecto polo outro/a, o pluralismo, a cooperación, o diálogo internacional e a sustentabilidade.
➢    Camiñar do local ao global, involucrando á comunidade.
➢    Realizar campañas reivindicativas ao finalizar os proxectos para facer extensible á comunidade educativa.


Liñas de Actuación:
Os proxectos poden desenvolverse no marco das tres grandes liñas coa finalidade de camiñar cara a construción da cidadanía global atlántica.
Desenvolvemento sostible
- O mar,os faros (farois) , a mar océana
- Biodiversidade
- A Terra: a ocupación humana do territorio
- Coidado do medio ambiente e das persoas
- Illas, rías, praias, lagos, parques naturais
- Areas intermareais
- Cambio climático, impacto e prevención de desastres naturais
- Plantas invasoras
- As masa forestais
- Turismo sostible
- Turismo de natureza e rural
- Promoción do patrimonio construído
- Artes tradicionais (pesca, marisqueo, agricultura, explotación forestal)
- Turismo sostible, turismo de natureza e rural
- Promoción de boas prácticas, deportes náuticos, promoción do patrimonio construído
Diversidade cultural
Patrimonio Inmaterial
- Faros /Artes tradicionais / Arquitecturas tradicionais/ Úteis e ferramentas /Oficios/
- O Atlántico: Unha herdanza Cultural Común
- Os mitos atlánticos
- Camiños atlánticos: tradicións, percorrido das persoas, plantas, paxaros,
- O patrimonio herdado do coñecemento antigo das mulleres: sanadoras, parteiras, menciñeiras, o traballo da muller no campo e no mar, as lendas femininas.
- Deportes no Atlántico vinculados ao mar
Recuperación da memoria: cantos tradicionais
 A lingua: un patrimonio común
Linguas de ida e volta: galego, portugués, castelán no ámbito da lusofonía
Imperialismo lingüísticos: lingua sinal de identidade
Patrimonio material
Patrimonio natural: illas, faros, parques naturais
Patrimonio subacuáticos: Patrimonio subacuático. Preservación e sensiblización para a protección dun patrimonio común, espazos arqueolóxicos, embarcacións e a súa carga, cidades sumerxidas, musealización, etc.

Patrimonio industrial. Promoción e salvaguarda, edificios, estruturas, utensilios, localidades e paisaxes, maquinaria, oficinas, minas, armazóns, centros e produción, medios de transporte, implantacións humanas e paisaxes feitas para as persoas, etc.

Patrimonio material- rural, arquitecturas, sistema tradicional de construcións
Cidadanía global atlántica
- Ecolinguísmo e linguicidio
- O Atlántico: Unha herdanza Cultural Común
- Unha cidadanía atlántica no marco da cidadanía global.- Diálogo cultural reflexivo.É posible recoñecerse como membros da comunidade atlántica? As mozas e os mozos do atlántico-
- Somos quen de construir un espazo atlántico?
Diálogo intercultural no marco da cidadanía global
- Os conflitos atlánticos: pesca, migratorios, linguísticos, intra e interculturais
- Linguas de ida e volta: galego, portugués, castelán no ámbito da lusofonía,
-Ética social atlántico, contribuíndo á transformación social cara a un desenvolvemento sostible e a unha aproximación e entendemento global.
- Fixación das persoas aos territorios, perfis e estilos de vida, a humanidade e os comportamentos sociais a través do tempo
- Dereitos humanos
-A emigración,
- Comparación das culturas tradicionais del atlántico
-Creación de espazos literarios, culturais e artísticos
- Creación de espazos de ocio ( a humanización das cidades)  etc.
*Estas liñas de actuación foron consensuadas e aprobadas polos/polas representates das escolas Asociadas á UNESCO, na primeira reunión do Proxecto Atlántico celebrada en Porto o 20 de marzo de 2015.

METODOLOXÍA
Como traballar este proxecto?. Para traballar un proxecto en rede neesitamos aplicar uns principios metodolóxicos que definan a nosa labor pedagóxica como:
➢    Favorecer nas aulas a aprendizaxe cooperativa.
➢    Potenciar a investigación. Investigación/acción.
➢    Crear materiais ao longo do desenvolvemento do proxecto e ao final.
➢    Traballar en rede. Temos creado o blog: proxectoatlanticoblogspot.com. Neste blog descargaremos todas as nosas experiencias, actividades, tarefas ou materiais interesantes para intercambiar entre as escolas participantes.
➢    Traballar en rede coa web da Universidade de Vigo.
➢    Integrar todas as competencias no proxecto e conectar co currículo.
➢    Fomentar la realización de acciones de formación en centros de Formación do Profesorado da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO.
Como método de traballo ou ferramenta educativa, é interesante a utilización do “Yogote” coa finalidade de facilitar a comunicación entre as distintas linguas.
AVALIACIÓN:

➢    - Informe inicial
➢    - Informe intermedio
➢    - Informe final coa posibilidade de elaborar un porfolio do proxecto.

PLAN DE ACTIVIDADES
O proxecto prográmase por dous bienios (2015/2017). As escolas integradas no proxecto Atlántico teñen programado o seu Inicio no  mes de outubro de 2015.
Previamente ao inicio convócase un concurso cooperativo que leva por título:”Imaxina o Atlántico”. O obxectivo deste concurso é motivar ao alumnado e ao profesorado á participar e tamén recoller as Ideas previas do alumnado de cada centro para que o profesorado poida establecer os aspectos curriculares e planificar as intervencións educativas que se desenvolverán ao longo do proxecto, de modo coherente e significativo.
Proponse tamén no mes de outubro de 2015 un concurso para elección dun logo Atlántico Galego/Portugués que identifique o noso proxecto.
Elaboraremos documentos para ir recollendo o proceso: documento inicial, documento intermedio e documento final do proxecto, programado para o ano 2017.
A intención final é que este proxecto sexa considerado pola UNESCO como un “Proxecto Faro”.
CRONOLOXÍA
➢    20 de marzo, reunión na “ Escola de Secundaria Aurélia de Sousa” ( Porto ).
* Recollida puntualmente na acta correspondente.
➢    Concurso cooperativo: “Imaxina o Atlántico”. Data de finalización de recollida de traballos 15 de maio. A proposta das escolas participantes é presentar os resultados finais do concurso no XXVIII Encontro das Escolas Asociadas á UNESCO, que terá lugar no mes de xullo na Liña da Concepción.
➢    Outubro 2015 as escolas integradas no proxecto iniciarán o desenvolvemento do mesmo, recollendo e avaliando o proceso educativo.
➢    Decembro 2015, entrega dos traballos do concurso de logos para a súa elección final.
➢    Nos inicios do ano 2016 o profesorado das escolas participantes celebrarán nas datas e no lugar acordado unha reunión presencial para realizar unha avaliación do proxecto; e establecer as seguintes liñas de actuación.
➢    Consideramos fundamental a formación do profesorado para desenvolver o proxecto de maneira innovadora.



Marco 2015



Ningún comentario:

Publicar un comentario