venres, 27 de novembro de 2015
xoves, 2 de xullo de 2015
martes, 23 de xuño de 2015
sábado, 6 de xuño de 2015
Xornada Atlántica - 2015
Vídeo resumo da Xornada Atlántica na praia de Lourido o venres 5 de xuño, "Día Mundial do Medio". Participaron da REGAU (Rede de Escolas Galegas Asociadas Unesco): Facultade de Educación de Pontevedra, os IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, IES Seoane, os CEIPs, Manuel Vidal Portela, Cabanas, San Benito de Lérez, Isidora Riestra e os CEP Marcos da Portela e CEP Campolongo.
Ver fotos da Xornada
Ver fotos da Xornada
Artigos relacionados:
sábado, 30 de maio de 2015
Árbores alóctonas, autóctonas, comestibles e mediciñais do CEP Campolongo en Pontenciencia 2015
Rematou a investigación e as xornadas de Pontenciencia 2015. Este ano no programa houbo curtas , maxia, planetario e robotix entre outras cousas. A nosa escola presentouse con tres investigacións, a de coñecer cales eran as plantas autóctonas e alóctonas, cales eran comestibles e cales eran mediciñais. Maña sábado, a partir da unha darán os diplomas e premios tanto as escolas como as familias. Non sabemos se ganaremos algo, o que si é certo é que fumos a escola con máis investigadores, 75 en total, todos os de 6º deste curso 2014-15.
Noraboa a todos polo traballo !
Se queredes ver as fichas presentadas podedes velas neste blogue na etiqueta Fichas Plantas .
Prensa:
256 alumnos de colexios de Pontevedra experimentarán con investigacións científicas
Pontenciencia esperta o espírito investigador e científico de 300 escolares pontevedreses
Por que estoupan as bebidas de cola ao mesturalas con caramelos de menta?
A luz cega os escolares en Galiciencia
A segunda feira da ciencia de Pontevedra volve sorprender
Diario da Universidade: A Ciencia non enende de idades
TVG:
Demostración do Ph coas tiras do tornasol
Varios experimentos: o motor máis sinxelo, como funciona un volcán
venres, 24 de abril de 2015
Documento marco. P.Atlántico (2015/2017)
Marco Teórico.
Porto-marzo 2015.
Índice
1.
Título: “Proxecto Atlántico. Educar para a Cidadanía Global”
2.
Temporalización
3.
Marcos
de referencia
4.
Obxectivos
Didácticos
5.
Liñas
de actuación
6.
Metodoloxía
7.
Avaliación
8.
Plan
de actividades
9.
Cronoloxía
|
“PROXECTO
ATLÁNTICO. EDUCAR PARA A CIDADANIA GLOBAL”
TÍTULO – “Proxecto
Atlántico. Educar para a Cidadanía Global”
Temporalización: Bienio (2015/2017)
MARCOS DE REFERENCIA:
➢
Década Internacional para a Aproximación das
Culturas (2013/2022).
➢
Estratexia Rede Escolas
Asociadas da UNESCO (2014/2021). Construíndo unha cidadanía global e promovendo
un desenvolvemento sostible (2014/2021).
➢
Ano Internacional para o
Entendemento Global (2016). Integrar liñas de orientación.
OBXECTIVO XERAL – Crear unha comunidade de
aprendizaxe a través do intercambio dialóxico das escolas atlánticas
participantes para favorecer o coñecemento das diferentes culturas coa
finalidade de recoñecer, de aprender e de respectar as diferentes identidades
para o bienio 2015/2017.
Obxectivos didácticos:
➢
Coñecer e divulgar o patrimonio cultural, natural, e
inmaterial local.
➢
Compartir diferentes estudos de culturas, espazos,
rexións, e outros temas do Atlántico.
➢
Compartir experiencias, proxectos, metodoloxías, debates
e análises.
➢
Entender o Atlántico como un espazo de coñecemento, de
diálogo, de unión.
➢
Desenvolver unha conciencia crítica para poder facer
intervencións nas problemáticas de sostibilidade.
➢
Favorecer o intercambio entre profesorado e alumnado.
➢
Crear unha plataforma on
line.
➢
Integrar nos proxectos, traballos ou tarefas, valores
como a interculturalidade, a solidariedade,
respecto polo outro/a, o pluralismo, a cooperación, o diálogo
internacional e a sustentabilidade.
➢
Camiñar do local ao global, involucrando á comunidade.
➢
Realizar campañas reivindicativas ao finalizar os
proxectos para facer extensible á comunidade educativa.
Liñas
de Actuación:
Os
proxectos poden desenvolverse no marco das tres grandes liñas coa finalidade de
camiñar cara a construción da cidadanía global atlántica.
Desenvolvemento sostible
- O
mar,os faros (farois) , a mar océana
-
Biodiversidade
- A
Terra: a ocupación humana do territorio
-
Coidado do medio ambiente e das persoas
-
Illas, rías, praias, lagos, parques naturais
- Areas
intermareais
-
Cambio climático, impacto e prevención de desastres naturais
-
Plantas invasoras
- As
masa forestais
-
Turismo sostible
- Turismo
de natureza e rural
- Promoción
do patrimonio construído
- Artes
tradicionais (pesca, marisqueo, agricultura, explotación forestal)
- Turismo sostible, turismo de
natureza e rural
- Promoción de boas prácticas,
deportes náuticos, promoción do patrimonio construído
Diversidade cultural
Patrimonio Inmaterial
- Faros
/Artes tradicionais / Arquitecturas tradicionais/ Úteis e ferramentas /Oficios/
- O
Atlántico: Unha herdanza Cultural Común
- Os
mitos atlánticos
-
Camiños atlánticos: tradicións, percorrido das persoas, plantas, paxaros,
- O
patrimonio herdado do coñecemento antigo das mulleres: sanadoras, parteiras,
menciñeiras, o traballo da muller no campo e no mar, as lendas femininas.
-
Deportes no Atlántico vinculados ao mar
Recuperación
da memoria: cantos tradicionais
A lingua: un patrimonio común
Linguas
de ida e volta: galego, portugués, castelán no ámbito da lusofonía
Imperialismo
lingüísticos: lingua sinal de identidade
Patrimonio material
Patrimonio
natural: illas, faros, parques naturais
Patrimonio subacuáticos: Patrimonio subacuático.
Preservación e sensiblización para a protección dun patrimonio común, espazos
arqueolóxicos, embarcacións e a súa carga, cidades sumerxidas, musealización,
etc.
Patrimonio industrial. Promoción e salvaguarda,
edificios, estruturas, utensilios, localidades e paisaxes, maquinaria,
oficinas, minas, armazóns, centros e produción, medios de transporte,
implantacións humanas e paisaxes feitas para as persoas, etc.
Cidadanía global atlántica
-
Ecolinguísmo e linguicidio
- O
Atlántico: Unha herdanza Cultural Común
- Unha
cidadanía atlántica no marco da cidadanía global.- Diálogo cultural reflexivo.É
posible recoñecerse como membros da comunidade atlántica? As mozas e os mozos do atlántico-
- Somos
quen de construir un espazo atlántico?
Diálogo
intercultural no marco da cidadanía global
- Os
conflitos atlánticos: pesca, migratorios, linguísticos, intra e interculturais
-
Linguas de ida e volta: galego, portugués, castelán no ámbito da lusofonía,
-Ética
social atlántico, contribuíndo á transformación social cara a un
desenvolvemento sostible e a unha aproximación e entendemento global.
- Fixación das persoas
aos territorios, perfis e estilos de vida, a humanidade e os comportamentos
sociais a través do tempo
- Dereitos humanos
-A emigración,
- Comparación das
culturas tradicionais del atlántico
-Creación de espazos
literarios, culturais e artísticos
- Creación de espazos de
ocio ( a humanización das cidades) etc.
*Estas liñas de actuación foron consensuadas e aprobadas
polos/polas representates das escolas Asociadas á UNESCO, na primeira reunión
do Proxecto Atlántico celebrada en Porto o 20 de marzo de 2015.
METODOLOXÍA
Como traballar este
proxecto?. Para traballar un proxecto en rede neesitamos aplicar uns principios
metodolóxicos que definan a nosa labor pedagóxica como:
➢
Favorecer nas aulas a aprendizaxe cooperativa.
➢
Potenciar a investigación. Investigación/acción.
➢
Crear materiais ao longo do desenvolvemento do proxecto e
ao final.
➢
Traballar en rede. Temos creado o blog:
proxectoatlanticoblogspot.com. Neste blog descargaremos todas as nosas
experiencias, actividades, tarefas ou materiais interesantes para intercambiar
entre as escolas participantes.
➢
Traballar en rede coa web da Universidade de Vigo.
➢
Integrar todas as competencias no proxecto e conectar co
currículo.
➢
Fomentar la realización de acciones de formación en
centros de Formación do Profesorado da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO.
Como método de traballo ou ferramenta educativa, é
interesante a utilización do “Yogote” coa finalidade de facilitar a
comunicación entre as distintas linguas.
AVALIACIÓN:
➢
- Informe inicial
➢
- Informe intermedio
➢
- Informe final coa posibilidade de elaborar un porfolio
do proxecto.
PLAN DE ACTIVIDADES
O proxecto prográmase
por dous bienios (2015/2017). As escolas integradas no proxecto Atlántico teñen
programado o seu Inicio no mes de
outubro de 2015.
Previamente ao inicio
convócase un concurso cooperativo que leva por título:”Imaxina o Atlántico”. O
obxectivo deste concurso é motivar ao alumnado e ao profesorado á participar e
tamén recoller as Ideas previas do alumnado de cada centro para que o
profesorado poida establecer os aspectos curriculares e planificar as
intervencións educativas que se desenvolverán ao longo do proxecto, de modo
coherente e significativo.
Proponse tamén no mes de
outubro de 2015 un concurso para elección dun logo Atlántico Galego/Portugués
que identifique o noso proxecto.
Elaboraremos documentos
para ir recollendo o proceso: documento inicial, documento intermedio e
documento final do proxecto, programado para o ano 2017.
A intención final é que
este proxecto sexa considerado pola UNESCO como un “Proxecto Faro”.
CRONOLOXÍA
➢
20 de marzo, reunión na “ Escola de Secundaria Aurélia de
Sousa” ( Porto ).
* Recollida puntualmente na acta correspondente.
➢
Concurso cooperativo: “Imaxina o Atlántico”. Data de
finalización de recollida de traballos 15 de maio. A proposta das escolas
participantes é presentar os resultados finais do concurso no XXVIII Encontro
das Escolas Asociadas á UNESCO, que terá lugar no mes de xullo na Liña da
Concepción.
➢
Outubro 2015 as escolas integradas no proxecto iniciarán
o desenvolvemento do mesmo, recollendo e avaliando o proceso educativo.
➢
Decembro 2015, entrega dos traballos do concurso de logos
para a súa elección final.
➢
Nos inicios do ano 2016 o profesorado das escolas
participantes celebrarán nas datas e no lugar acordado unha reunión presencial
para realizar unha avaliación do proxecto; e establecer as seguintes liñas de
actuación.
➢
Consideramos fundamental a formación do profesorado para
desenvolver o proxecto de maneira innovadora.
Marco 2015
Acta II reunión do P.Atlántico
ACTA II REUNIÓN PROXECTO ATLÁNTICO
Data de celebración: 22 de
abril de 2015
Lugar: CEIP S. Bieito de
Lérez.
Hora de inicio: 17h
Hora de finalización: 19,00
Asistentes: Coordinadora das escolas UNESCO de Galicia, Luisa Márquez
Rodríguez, coordinadora do P. Atlántico,
Mª.Jesús Enguídanos Floreani e os /as responsables das seguintes escolas
Asociadas:
CEP CAMPOLONGO, Antonio Ferrer
CEIP S. BIEITO DE LÉREZ, Luís Losada
Facultade de Educación, Francisca.
IES. LUIS SEOANE.
Monteporreiro. Luisa Márquez, Mª.Xosé Dourado
IES. PEDRA DA AUGA, Xabier
Prado
CEIP Isidora Riestra. Poio, e Mª.Jesús Enguídanos Floreani
Orde do día
1.
Información P. Atlántico.
2.
XXVIII Encontro das Escolas Asociadas á UNESCO.
A coordinadora Luisa Márquez da a palabra a coordinadora do P. Atlántico.
Mª.Jesús Enguídanos, informa dos acordos tomados na reunión celebrada en
Porto o 20 de marzo.
Unha vez rematada a exposición pide a palabra Xabier Prado para aclarar si
unha escola que non pertenza ao espazo Atlántico pode participar no proxecto cunha
escola galega ou da área Atlántica. Cremos que non hai ningunha dificultade
sempre que a temática responda ás acordadas e trate un espazo delimitado
xeograficamente. A temática quedan recollidas dentro das tres liñas de
actuación no documento marco. Este proceso do proxecto terá unha duración dun bienio (2015/2017).
Xabier Prazo tamén considera importante a utilización do “Yogote” para a
comunicación entre países de diferentes linguas.
Francisca, considera necesario concretizar os contidos: “ Partir do
concreto para chegar á reflexión”.
Luisa fai unha intervención para recordar que se vai lanzar un proxecto
sobre a “ruta Magallánica”, que conecta co P. Atlántico.
Neste intre xurde o problema co concurso do Logo, que queda resolto. O
concurso está programado para o vindeiro curso escolar. Cada escola
participante no concurso do Logo terá que facer unha selección previa dos logos
para presentar. Sería preciso que o logo transmitise as liñas do proxecto.
Xabier Prado nos presenta a proposta de Gloria, compañeira do seu centro
para realizar na Xornada de Praia. Prevista, nun principio para o 5 de xuño,
coincidindo co día do Medio Ambiente a celebrar na praia de Lourido.
Este punto tratarase en reunións posteriores para concretar e tratar de que
a organización favoreza o evento.
Falamos de levar 50 nenos/as por centro. A facultade comprométese a traer
15 monitores para organización dos grupos.
Cando son ás 18,30 pasamos ao segundo punto do orde do día que
correspóndelle a coordinadora.
E, sen máis asunto damos por finalizado o primeiro punto referido ao P.
Atlántico.
22 de abril 2015.
A Coordinadora.: Mª. Jesús Enguídanos Floreani
Acta da Primeira reunión do P. Atlántico en Porto.
ACTA I REUNIÓN PROXECTO ATLÁNTICO
Data de celebración: 21 de
marzo de 2015
Lugar: Escola Secundária
Aurélia de Sousa. Porto. Portugal
Hora de inicio: 11h (hora portuguesa).
Hora de finalización: 18,00 (hora portuguesa).
Asistentes: Coordinadora das escolas UNESCO, Luisa Márquez Rodríguez, Comisión Nacional da UNESCO. Portugal, Fátima
Claudino e a coordinadora do Proxecto UNESCO, Mª. Jesús Enguídanos Floreani.
Escolas portuguesas participantes:
·
Escola Básica e Integrada Francisco Ferreira Drummond. Azores, Raquel Melo.
·
Escola Secundaria Vitorino Nemesio. Azores, Augusta Escobar.
·
Escola Secundaria Dr. Bernardino Machado. Figueira da Foz, Margarida
Redinha.
·
Escola Secundaria Sá da Bandeira. Santarém (Lisboa), José Barrao.
·
Agrupamento de Escolas do Cerco. Porto. María do Carmo Rodrigues.
·
Escola Secundaria Aurélia de Sousa. Porto. Mª. Luisa Saraiva.
·
Jardim Infantil Ogá-Mitá. Porto. Leonarda Lopes, Andrea Gonçalves e
Ana Paula Sousa.
Escolas galegas
participantes:
CEIP. S. Benito de Lérez .
Pontevedra. Luis Losada
CEP. Campolongo. Pontevedra.
Antonio Ferrer, Mercedes Márquez
Facultade de Educación.
Miguel Cuevas.
IES. Luis Seoane.
Monteporreiro. Pontevedra. Luisa Márquez, Rosalia Gago e Luis Pereiro.
CEIP Isidora Riestra. Poio.
Pontevedra. Ramón Pazos, María Bóveda e Mª.Jesús Enguídanos Floreani
Orde do día
11 horas. Recepción dos
participantes na Escola Secundária Aurélia de Soudo, Porto.
11h,30m. A directora,
Mª.Luisa Saraiva fai a inauguración da xornada cunha presentación. Ofrécenos
como agasallo o “Percurso poético en portugués polo ATLÁNTICO”. Toma a palabra Fátima Claudino iniciando o
traballo e dando a palabra a cada un/unha dos presentes para presentarse e
traballar xuntos/a polo ATLÁNTICO.
Na presentación cada un dos
participantes apunta ideas dos temas a traballar, propostas e ideas.
Na xornada da mañá, que
remata ás 14,00h. se establecen os
temas que quedan enmarcados nos seguintes ámbitos:
Desenvolvemento
Sostible, Patrimonio cultural común,
Cidadanía Global Atlántica. Se definen os diferentes temas de cada ámbito.
Neste momento damos resposta
a “Que traballar?. Levantamos a sesión de traballo para ir a xantar.
A sesión da tarde iníciase ás
16,00 h para debater o seguinte
punto : como traballar? (referido aos aspectos metodolóxicos). Fundamentalmente
todas as persoas apuntamos a importancia de :
- Traballar en rede.
- Crear material e elaborar documentos.
- Formar ao profesorado durante o proceso de
desenvolvemento do proxecto.
- Realizar intercambios on-line e un o ano presencial
para avaliar o proceso.
- Facer un seguimento avaliativo no inicio, no proceso
e no remate do proxecto.
O proxecto iniciarase no mes
de outubro de 2015 e rematará no ano 2017. Terá unha duración total de dous
anos.
Concretamos o concurso.
“Imaxina o ATLÁNTICO”, no que tamén participarán as escolas portuguesas.
O concurso do Logo
Galicia/Portugal entregarase no mes de decembro de 2015 para que as escolas
teñan un período de reflexión e de elaboración do mesmo.
A sesión de traballo remata
ás 18,00h. do día 20 de marzo.
Porto, 20 de marzo de 2015
A Coordinadora galega do Proxecto
Atlántico..
Mª.Jesús Enguídanos Floreani
venres, 3 de abril de 2015
Á caza dun tesouro marino
Artigo de Quino Petit no xornal El País Semanal, no que se embarca con mariñeiros que procuran os bacallaos en Noruega.
Preme aquí para acceder ao artigo.
luns, 30 de marzo de 2015
sábado, 21 de marzo de 2015
Encontro en Porto para relanzar o Proxecto Atlántico - Educar para a Cidadanía
Ver todas as fotos
Artigo relacionado
Blog das Escolas Asociadas á Unesco Galegas
Blogues temáticos comentados na xornada para compartir e poder participar :
- A camelia - Floresta - Xogos populares - Yogote lusofonía (ver Saúdo ó mundo da lusofonía)
Escolas Participantes:
- Escola Básica Francisco Ferreira Drummond (Açores)
- Escola Secundária Vitorino Nemesio (Açores)
- Escola Secundária Bernardino Machado (Figueira da Foz)
- Escola Secundária Sá Da Bandeira (Santarém)
- Agrupamento de Escolas do Cerco (Porto)
- Escola Secundária Aurélia de Sousa (Porto)
- Jardim Infantil Ogá-Mitá (porto)
- IES Seoane (Pontevedra)
- CEIP Isidora Riestra (Pontevedra)
- CEP Campolongo (Pontevedra)
- CEIP San Bieito de Lérez (Pontevedra)
Escolas non presenciais:
- Escola Secundaria Fulgêncio Tavares, Praia (Cavo Verde)
- Externato do Sagrado Coraçao de Jesus (Porto)
- Colégio da Apresentaçao (Calvâo)
Unha vez teñamos un resumo ou acta da xornada porémola neste blogue.
PROXECTO ACTUAL A TRABALLAR CONXUNTAMENTE: "Imaxina o Atlántico", concurso de poesías, redaccións, fotografía, contos, debuxos ...
NOTA: Aqueles das Escolas Asociadas á Unesco do Proxecto Atlántico que queirades ser autores do blogue para meter os vosos artigos solicitade a participación escribíndo un correo á Nito : aferrer61 @ gmail.com
Escolas non presenciais:
- Escola Secundaria Fulgêncio Tavares, Praia (Cavo Verde)
- Externato do Sagrado Coraçao de Jesus (Porto)
- Colégio da Apresentaçao (Calvâo)
Unha vez teñamos un resumo ou acta da xornada porémola neste blogue.
PROXECTO ACTUAL A TRABALLAR CONXUNTAMENTE: "Imaxina o Atlántico", concurso de poesías, redaccións, fotografía, contos, debuxos ...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)