Amosando publicacións coa etiqueta Actas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actas. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de abril de 2015

Acta II reunión do P.Atlántico

ACTA II REUNIÓN PROXECTO ATLÁNTICO
Data de celebración: 22 de abril de 2015
Lugar: CEIP S. Bieito de Lérez.
Hora de inicio: 17h
Hora de finalización: 19,00
Asistentes: Coordinadora das escolas UNESCO de Galicia, Luisa Márquez Rodríguez,  coordinadora do P. Atlántico, Mª.Jesús Enguídanos Floreani e os /as responsables das seguintes escolas Asociadas:
CEP CAMPOLONGO, Antonio Ferrer
CEIP S. BIEITO DE LÉREZ, Luís Losada
Facultade de Educación, Francisca.
IES. LUIS SEOANE. Monteporreiro. Luisa Márquez, Mª.Xosé Dourado
IES. PEDRA DA AUGA, Xabier Prado
CEIP Isidora Riestra. Poio,  e Mª.Jesús Enguídanos Floreani
Orde do día
1.     Información P. Atlántico.
2.    XXVIII Encontro das Escolas Asociadas á UNESCO.
A coordinadora Luisa Márquez da a palabra a coordinadora do P. Atlántico.
Mª.Jesús Enguídanos, informa dos acordos tomados na reunión celebrada en Porto o 20 de marzo.
Unha vez rematada a exposición pide a palabra Xabier Prado para aclarar si unha escola que non pertenza ao espazo Atlántico pode participar no proxecto cunha escola galega ou da área Atlántica. Cremos que non hai ningunha dificultade sempre que a temática responda ás acordadas e trate un espazo delimitado xeograficamente. A temática quedan recollidas dentro das tres liñas de actuación no documento marco. Este proceso do proxecto  terá unha duración dun bienio (2015/2017).
Xabier Prazo tamén considera importante a utilización do “Yogote” para a comunicación entre países de diferentes linguas.
Francisca, considera necesario concretizar os contidos: “ Partir do concreto para chegar á reflexión”.
Luisa fai unha intervención para recordar que se vai lanzar un proxecto sobre a “ruta Magallánica”, que conecta co P. Atlántico.
Neste intre xurde o problema co concurso do Logo, que queda resolto. O concurso está programado para o vindeiro curso escolar. Cada escola participante no concurso do Logo terá que facer unha selección previa dos logos para presentar. Sería preciso que o logo transmitise as liñas do proxecto.
Xabier Prado nos presenta a proposta de Gloria, compañeira do seu centro para realizar na Xornada de Praia. Prevista, nun principio para o 5 de xuño, coincidindo co día do Medio Ambiente a celebrar na praia de Lourido.
Este punto tratarase en reunións posteriores para concretar e tratar de que a organización favoreza o evento.
Falamos de levar 50 nenos/as por centro. A facultade comprométese a traer 15 monitores para organización dos grupos.
Cando son ás 18,30 pasamos ao segundo punto do orde do día que correspóndelle a coordinadora.
E, sen máis asunto damos por finalizado o primeiro punto referido ao P. Atlántico.
22 de abril 2015.

A Coordinadora.: Mª. Jesús Enguídanos Floreani 

Acta da Primeira reunión do P. Atlántico en Porto.

ACTA I REUNIÓN PROXECTO ATLÁNTICO
Data de celebración: 21 de marzo de 2015
Lugar: Escola Secundária Aurélia de Sousa. Porto. Portugal
Hora de inicio: 11h (hora portuguesa).
Hora de finalización: 18,00 (hora portuguesa).
Asistentes: Coordinadora das escolas UNESCO, Luisa Márquez Rodríguez,  Comisión Nacional da UNESCO. Portugal, Fátima Claudino e a coordinadora do Proxecto UNESCO, Mª. Jesús Enguídanos Floreani.
Escolas portuguesas participantes:
·         Escola Básica e Integrada Francisco Ferreira Drummond. Azores, Raquel Melo.
·         Escola Secundaria Vitorino Nemesio. Azores, Augusta Escobar.
·         Escola Secundaria Dr. Bernardino Machado. Figueira da Foz, Margarida Redinha.
·         Escola Secundaria Sá da Bandeira. Santarém (Lisboa), José Barrao.
·         Agrupamento de Escolas do Cerco. Porto. María do Carmo Rodrigues.
·         Escola Secundaria Aurélia de Sousa. Porto. Mª. Luisa Saraiva.
·         Jardim Infantil Ogá-Mitá. Porto. Leonarda Lopes, Andrea Gonçalves e Ana Paula Sousa.
Escolas galegas participantes:
CEIP. S. Benito de Lérez . Pontevedra. Luis Losada
CEP. Campolongo. Pontevedra. Antonio Ferrer, Mercedes Márquez
Facultade de Educación. Miguel Cuevas.
IES. Luis Seoane. Monteporreiro. Pontevedra. Luisa Márquez, Rosalia Gago e Luis Pereiro.
CEIP Isidora Riestra. Poio. Pontevedra. Ramón Pazos, María Bóveda e Mª.Jesús Enguídanos Floreani
Orde do día

11 horas. Recepción dos participantes na Escola Secundária Aurélia de Soudo, Porto.
11h,30m. A directora, Mª.Luisa Saraiva fai a inauguración da xornada cunha presentación. Ofrécenos como agasallo o “Percurso poético en portugués polo ATLÁNTICO”.  Toma a palabra Fátima Claudino iniciando o traballo e dando a palabra a cada un/unha dos presentes para presentarse e traballar xuntos/a polo ATLÁNTICO.
Na presentación cada un dos participantes apunta ideas dos temas a traballar, propostas e ideas.
Na xornada da mañá, que remata ás 14,00h. se establecen os temas que quedan enmarcados nos seguintes ámbitos:
Desenvolvemento Sostible,  Patrimonio cultural común, Cidadanía Global Atlántica. Se definen os diferentes temas de cada ámbito.
Neste momento damos resposta a “Que traballar?. Levantamos a sesión de traballo para ir a xantar.
A sesión da tarde iníciase ás 16,00 h para debater o seguinte punto : como traballar? (referido aos aspectos metodolóxicos). Fundamentalmente todas as persoas apuntamos a importancia de :
  • Traballar en rede.
  • Crear material e elaborar documentos.
  • Formar ao profesorado durante o proceso de desenvolvemento do proxecto.
  • Realizar intercambios on-line e un o ano presencial para avaliar o proceso.
  • Facer un seguimento avaliativo no inicio, no proceso e no remate do proxecto.
O proxecto iniciarase no mes de outubro de 2015 e rematará no ano 2017. Terá unha duración total de dous anos.

Concretamos o concurso. “Imaxina o ATLÁNTICO”, no que tamén participarán as escolas portuguesas.
O concurso do Logo Galicia/Portugal entregarase no mes de decembro de 2015 para que as escolas teñan un período de reflexión e de elaboración do mesmo.
A sesión de traballo remata ás 18,00h. do día 20 de marzo.


                            Porto, 20 de marzo de 2015


                            A Coordinadora galega do Proxecto Atlántico..
Mª.Jesús Enguídanos Floreani