luns, 25 de abril de 2011
mércores, 13 de abril de 2011
O bosque moito máis que madeira.
Na Exposición que tivemos en Pontevedra sobre O Bosque, fixemos un montón de fotos, que podes consultar na seguinte ligazón:
nlcampolongo
luns, 11 de abril de 2011
O millo no CEIP Campolongo
Video feito dentro da programación do Outono do curso 2010-11. Debaixo temos un montón de imaxes ilustrativas de todos os traballos do alumnado.
mércores, 30 de marzo de 2011
Xogo da Avifauna
Este xogo foi feito polo un dos mestres de E. Física do noso centro, Nito, para traballar cos rapaces o bloque de contidos Actividades na Natureza. Englóbase tamén como unha actividade dentro do Proxecto Atlántico das Escolas Unesco.
Moita da avifauna que aquí falamos case se nos pode presentar en moitos dos ríos que temos na Galiza Atlántica. Chamámolle do río Gafos porque é o que pasa preto do noso cole e porque é un dos representantes da zona atlántica. Esta é unha primeira parte que se completará con outras aves e paxaros e rematará con algo da flora máis importante da ribeira do río. Moita da información estase a sacar dos traballos feitos pola Asociación Vaipolorío.
Recordade que o Xogo está metido na páxina web do cole CEIP Campolongo, en Xogos, E. Física.
Entrar dende aquí no xogo AVIFAUNA DO RÍO GAFOS
Recordade que o Xogo está metido na páxina web do cole CEIP Campolongo, en Xogos, E. Física.
Entrar dende aquí no xogo AVIFAUNA DO RÍO GAFOS
Bonsais no CEIP Campolongo
De |
Este ano estamos a traballar arreo o tema do bosque. Hoxe aportamos unha sección lúdica, a dos bonsais. Agora mesmo temos un carballo, un ulmeiro, un pradairo, unha sobreira, un buxo e un alfaneiro.
Ver máis
domingo, 27 de marzo de 2011
sábado, 26 de marzo de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)