venres, 24 de abril de 2015

Documento marco. P.Atlántico (2015/2017)




Marco Teórico. Porto-marzo 2015.



Índice

1.    Título: “Proxecto Atlántico. Educar para a Cidadanía Global”
2.    Temporalización
3.    Marcos de referencia
4.    Obxectivos Didácticos
5.    Liñas de actuación
6.    Metodoloxía
7.    Avaliación
8.    Plan de actividades
9.    Cronoloxía

                                    
                      
“PROXECTO ATLÁNTICO. EDUCAR PARA A CIDADANIA GLOBAL”
TÍTULO – “Proxecto Atlántico. Educar para a Cidadanía Global”
Temporalización: Bienio (2015/2017)
MARCOS DE REFERENCIA:
     Década Internacional para a Aproximación das Culturas (2013/2022).
    Estratexia Rede Escolas Asociadas da UNESCO (2014/2021). Construíndo unha cidadanía global e promovendo un desenvolvemento sostible (2014/2021).
    Ano Internacional para o Entendemento Global (2016). Integrar liñas de orientación.
OBXECTIVO XERAL – Crear unha comunidade de aprendizaxe a través do intercambio dialóxico das escolas atlánticas participantes para favorecer o coñecemento das diferentes culturas coa finalidade de recoñecer, de aprender e de respectar as diferentes identidades para o bienio 2015/2017.
Obxectivos didácticos:
    Coñecer e divulgar o patrimonio cultural, natural, e inmaterial local.
    Compartir diferentes estudos de culturas, espazos, rexións, e outros temas  do Atlántico.
    Compartir experiencias, proxectos, metodoloxías, debates e análises.
    Entender o Atlántico como un espazo de coñecemento, de diálogo, de unión.
    Desenvolver unha conciencia crítica para poder facer intervencións nas problemáticas de sostibilidade.
    Favorecer o intercambio entre profesorado e alumnado.
    Crear unha plataforma on line.
    Integrar nos proxectos, traballos ou tarefas, valores como a interculturalidade, a solidariedade,  respecto polo outro/a, o pluralismo, a cooperación, o diálogo internacional e a sustentabilidade.
    Camiñar do local ao global, involucrando á comunidade.
    Realizar campañas reivindicativas ao finalizar os proxectos para facer extensible á comunidade educativa.


Liñas de Actuación:
Os proxectos poden desenvolverse no marco das tres grandes liñas coa finalidade de camiñar cara a construción da cidadanía global atlántica.
Desenvolvemento sostible
- O mar,os faros (farois) , a mar océana
- Biodiversidade
- A Terra: a ocupación humana do territorio
- Coidado do medio ambiente e das persoas
- Illas, rías, praias, lagos, parques naturais
- Areas intermareais
- Cambio climático, impacto e prevención de desastres naturais
- Plantas invasoras
- As masa forestais
- Turismo sostible
- Turismo de natureza e rural
- Promoción do patrimonio construído
- Artes tradicionais (pesca, marisqueo, agricultura, explotación forestal)
- Turismo sostible, turismo de natureza e rural
- Promoción de boas prácticas, deportes náuticos, promoción do patrimonio construído
Diversidade cultural
Patrimonio Inmaterial
- Faros /Artes tradicionais / Arquitecturas tradicionais/ Úteis e ferramentas /Oficios/
- O Atlántico: Unha herdanza Cultural Común
- Os mitos atlánticos
- Camiños atlánticos: tradicións, percorrido das persoas, plantas, paxaros,
- O patrimonio herdado do coñecemento antigo das mulleres: sanadoras, parteiras, menciñeiras, o traballo da muller no campo e no mar, as lendas femininas.
- Deportes no Atlántico vinculados ao mar
Recuperación da memoria: cantos tradicionais
 A lingua: un patrimonio común
Linguas de ida e volta: galego, portugués, castelán no ámbito da lusofonía
Imperialismo lingüísticos: lingua sinal de identidade
Patrimonio material
Patrimonio natural: illas, faros, parques naturais
Patrimonio subacuáticos: Patrimonio subacuático. Preservación e sensiblización para a protección dun patrimonio común, espazos arqueolóxicos, embarcacións e a súa carga, cidades sumerxidas, musealización, etc.

Patrimonio industrial. Promoción e salvaguarda, edificios, estruturas, utensilios, localidades e paisaxes, maquinaria, oficinas, minas, armazóns, centros e produción, medios de transporte, implantacións humanas e paisaxes feitas para as persoas, etc.

Patrimonio material- rural, arquitecturas, sistema tradicional de construcións
Cidadanía global atlántica
- Ecolinguísmo e linguicidio
- O Atlántico: Unha herdanza Cultural Común
- Unha cidadanía atlántica no marco da cidadanía global.- Diálogo cultural reflexivo.É posible recoñecerse como membros da comunidade atlántica? As mozas e os mozos do atlántico-
- Somos quen de construir un espazo atlántico?
Diálogo intercultural no marco da cidadanía global
- Os conflitos atlánticos: pesca, migratorios, linguísticos, intra e interculturais
- Linguas de ida e volta: galego, portugués, castelán no ámbito da lusofonía,
-Ética social atlántico, contribuíndo á transformación social cara a un desenvolvemento sostible e a unha aproximación e entendemento global.
- Fixación das persoas aos territorios, perfis e estilos de vida, a humanidade e os comportamentos sociais a través do tempo
- Dereitos humanos
-A emigración,
- Comparación das culturas tradicionais del atlántico
-Creación de espazos literarios, culturais e artísticos
- Creación de espazos de ocio ( a humanización das cidades)  etc.
*Estas liñas de actuación foron consensuadas e aprobadas polos/polas representates das escolas Asociadas á UNESCO, na primeira reunión do Proxecto Atlántico celebrada en Porto o 20 de marzo de 2015.

METODOLOXÍA
Como traballar este proxecto?. Para traballar un proxecto en rede neesitamos aplicar uns principios metodolóxicos que definan a nosa labor pedagóxica como:
    Favorecer nas aulas a aprendizaxe cooperativa.
    Potenciar a investigación. Investigación/acción.
    Crear materiais ao longo do desenvolvemento do proxecto e ao final.
    Traballar en rede. Temos creado o blog: proxectoatlanticoblogspot.com. Neste blog descargaremos todas as nosas experiencias, actividades, tarefas ou materiais interesantes para intercambiar entre as escolas participantes.
    Traballar en rede coa web da Universidade de Vigo.
    Integrar todas as competencias no proxecto e conectar co currículo.
    Fomentar la realización de acciones de formación en centros de Formación do Profesorado da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO.
Como método de traballo ou ferramenta educativa, é interesante a utilización do “Yogote” coa finalidade de facilitar a comunicación entre as distintas linguas.
AVALIACIÓN:

    - Informe inicial
    - Informe intermedio
    - Informe final coa posibilidade de elaborar un porfolio do proxecto.

PLAN DE ACTIVIDADES
O proxecto prográmase por dous bienios (2015/2017). As escolas integradas no proxecto Atlántico teñen programado o seu Inicio no  mes de outubro de 2015.
Previamente ao inicio convócase un concurso cooperativo que leva por título:”Imaxina o Atlántico”. O obxectivo deste concurso é motivar ao alumnado e ao profesorado á participar e tamén recoller as Ideas previas do alumnado de cada centro para que o profesorado poida establecer os aspectos curriculares e planificar as intervencións educativas que se desenvolverán ao longo do proxecto, de modo coherente e significativo.
Proponse tamén no mes de outubro de 2015 un concurso para elección dun logo Atlántico Galego/Portugués que identifique o noso proxecto.
Elaboraremos documentos para ir recollendo o proceso: documento inicial, documento intermedio e documento final do proxecto, programado para o ano 2017.
A intención final é que este proxecto sexa considerado pola UNESCO como un “Proxecto Faro”.
CRONOLOXÍA
    20 de marzo, reunión na “ Escola de Secundaria Aurélia de Sousa” ( Porto ).
* Recollida puntualmente na acta correspondente.
    Concurso cooperativo: “Imaxina o Atlántico”. Data de finalización de recollida de traballos 15 de maio. A proposta das escolas participantes é presentar os resultados finais do concurso no XXVIII Encontro das Escolas Asociadas á UNESCO, que terá lugar no mes de xullo na Liña da Concepción.
    Outubro 2015 as escolas integradas no proxecto iniciarán o desenvolvemento do mesmo, recollendo e avaliando o proceso educativo.
    Decembro 2015, entrega dos traballos do concurso de logos para a súa elección final.
    Nos inicios do ano 2016 o profesorado das escolas participantes celebrarán nas datas e no lugar acordado unha reunión presencial para realizar unha avaliación do proxecto; e establecer as seguintes liñas de actuación.
    Consideramos fundamental a formación do profesorado para desenvolver o proxecto de maneira innovadora.



Marco 2015



Acta II reunión do P.Atlántico

ACTA II REUNIÓN PROXECTO ATLÁNTICO
Data de celebración: 22 de abril de 2015
Lugar: CEIP S. Bieito de Lérez.
Hora de inicio: 17h
Hora de finalización: 19,00
Asistentes: Coordinadora das escolas UNESCO de Galicia, Luisa Márquez Rodríguez,  coordinadora do P. Atlántico, Mª.Jesús Enguídanos Floreani e os /as responsables das seguintes escolas Asociadas:
CEP CAMPOLONGO, Antonio Ferrer
CEIP S. BIEITO DE LÉREZ, Luís Losada
Facultade de Educación, Francisca.
IES. LUIS SEOANE. Monteporreiro. Luisa Márquez, Mª.Xosé Dourado
IES. PEDRA DA AUGA, Xabier Prado
CEIP Isidora Riestra. Poio,  e Mª.Jesús Enguídanos Floreani
Orde do día
1.     Información P. Atlántico.
2.    XXVIII Encontro das Escolas Asociadas á UNESCO.
A coordinadora Luisa Márquez da a palabra a coordinadora do P. Atlántico.
Mª.Jesús Enguídanos, informa dos acordos tomados na reunión celebrada en Porto o 20 de marzo.
Unha vez rematada a exposición pide a palabra Xabier Prado para aclarar si unha escola que non pertenza ao espazo Atlántico pode participar no proxecto cunha escola galega ou da área Atlántica. Cremos que non hai ningunha dificultade sempre que a temática responda ás acordadas e trate un espazo delimitado xeograficamente. A temática quedan recollidas dentro das tres liñas de actuación no documento marco. Este proceso do proxecto  terá unha duración dun bienio (2015/2017).
Xabier Prazo tamén considera importante a utilización do “Yogote” para a comunicación entre países de diferentes linguas.
Francisca, considera necesario concretizar os contidos: “ Partir do concreto para chegar á reflexión”.
Luisa fai unha intervención para recordar que se vai lanzar un proxecto sobre a “ruta Magallánica”, que conecta co P. Atlántico.
Neste intre xurde o problema co concurso do Logo, que queda resolto. O concurso está programado para o vindeiro curso escolar. Cada escola participante no concurso do Logo terá que facer unha selección previa dos logos para presentar. Sería preciso que o logo transmitise as liñas do proxecto.
Xabier Prado nos presenta a proposta de Gloria, compañeira do seu centro para realizar na Xornada de Praia. Prevista, nun principio para o 5 de xuño, coincidindo co día do Medio Ambiente a celebrar na praia de Lourido.
Este punto tratarase en reunións posteriores para concretar e tratar de que a organización favoreza o evento.
Falamos de levar 50 nenos/as por centro. A facultade comprométese a traer 15 monitores para organización dos grupos.
Cando son ás 18,30 pasamos ao segundo punto do orde do día que correspóndelle a coordinadora.
E, sen máis asunto damos por finalizado o primeiro punto referido ao P. Atlántico.
22 de abril 2015.

A Coordinadora.: Mª. Jesús Enguídanos Floreani 

Acta da Primeira reunión do P. Atlántico en Porto.

ACTA I REUNIÓN PROXECTO ATLÁNTICO
Data de celebración: 21 de marzo de 2015
Lugar: Escola Secundária Aurélia de Sousa. Porto. Portugal
Hora de inicio: 11h (hora portuguesa).
Hora de finalización: 18,00 (hora portuguesa).
Asistentes: Coordinadora das escolas UNESCO, Luisa Márquez Rodríguez,  Comisión Nacional da UNESCO. Portugal, Fátima Claudino e a coordinadora do Proxecto UNESCO, Mª. Jesús Enguídanos Floreani.
Escolas portuguesas participantes:
·         Escola Básica e Integrada Francisco Ferreira Drummond. Azores, Raquel Melo.
·         Escola Secundaria Vitorino Nemesio. Azores, Augusta Escobar.
·         Escola Secundaria Dr. Bernardino Machado. Figueira da Foz, Margarida Redinha.
·         Escola Secundaria Sá da Bandeira. Santarém (Lisboa), José Barrao.
·         Agrupamento de Escolas do Cerco. Porto. María do Carmo Rodrigues.
·         Escola Secundaria Aurélia de Sousa. Porto. Mª. Luisa Saraiva.
·         Jardim Infantil Ogá-Mitá. Porto. Leonarda Lopes, Andrea Gonçalves e Ana Paula Sousa.
Escolas galegas participantes:
CEIP. S. Benito de Lérez . Pontevedra. Luis Losada
CEP. Campolongo. Pontevedra. Antonio Ferrer, Mercedes Márquez
Facultade de Educación. Miguel Cuevas.
IES. Luis Seoane. Monteporreiro. Pontevedra. Luisa Márquez, Rosalia Gago e Luis Pereiro.
CEIP Isidora Riestra. Poio. Pontevedra. Ramón Pazos, María Bóveda e Mª.Jesús Enguídanos Floreani
Orde do día

11 horas. Recepción dos participantes na Escola Secundária Aurélia de Soudo, Porto.
11h,30m. A directora, Mª.Luisa Saraiva fai a inauguración da xornada cunha presentación. Ofrécenos como agasallo o “Percurso poético en portugués polo ATLÁNTICO”.  Toma a palabra Fátima Claudino iniciando o traballo e dando a palabra a cada un/unha dos presentes para presentarse e traballar xuntos/a polo ATLÁNTICO.
Na presentación cada un dos participantes apunta ideas dos temas a traballar, propostas e ideas.
Na xornada da mañá, que remata ás 14,00h. se establecen os temas que quedan enmarcados nos seguintes ámbitos:
Desenvolvemento Sostible,  Patrimonio cultural común, Cidadanía Global Atlántica. Se definen os diferentes temas de cada ámbito.
Neste momento damos resposta a “Que traballar?. Levantamos a sesión de traballo para ir a xantar.
A sesión da tarde iníciase ás 16,00 h para debater o seguinte punto : como traballar? (referido aos aspectos metodolóxicos). Fundamentalmente todas as persoas apuntamos a importancia de :
  • Traballar en rede.
  • Crear material e elaborar documentos.
  • Formar ao profesorado durante o proceso de desenvolvemento do proxecto.
  • Realizar intercambios on-line e un o ano presencial para avaliar o proceso.
  • Facer un seguimento avaliativo no inicio, no proceso e no remate do proxecto.
O proxecto iniciarase no mes de outubro de 2015 e rematará no ano 2017. Terá unha duración total de dous anos.

Concretamos o concurso. “Imaxina o ATLÁNTICO”, no que tamén participarán as escolas portuguesas.
O concurso do Logo Galicia/Portugal entregarase no mes de decembro de 2015 para que as escolas teñan un período de reflexión e de elaboración do mesmo.
A sesión de traballo remata ás 18,00h. do día 20 de marzo.


                            Porto, 20 de marzo de 2015


                            A Coordinadora galega do Proxecto Atlántico..
Mª.Jesús Enguídanos Floreani



venres, 3 de abril de 2015

Á caza dun tesouro marino

Artigo de Quino Petit no xornal El País Semanal, no que se embarca con mariñeiros que procuran os bacallaos en Noruega.

Preme aquí para acceder ao artigo.